"Jean Baptiste Poquelin (1.622-1.673), coñecido por Molière, é un dos maiores dramaturgos de todos os tempos. Dotado dun escepcional talento teatral e dunha prodixiosa capacidade de observación, a súa ironía e humanidade convírteno nun agudísimo crítico dos costumes e sociedade da súa época. O seu teatro, cheo de arquetipos universais, xunto coa pureza e precisión do seu estilo, fan del un clásico de permanente vixencia. Tartufo, O Avarento, O Misántropo, O Burgués Fidalgo, A Escola de Mulleres... compoñen unha tea de innovación dramática "pintando ridiculamente os vicios" da súa sociedade, e por que non da nosa. Así, na comedia O Médico a paus, a ollada perspicaz pon o foco na ciencia dos médicos, ao tempo que esboza un retrato das mulleres a cabalo entre a discriminación e maltrato físico, moral e social. "
pero o que mellor define a obra e a cita que Mónica elixiu para o programa:
"Sendo un deber da comedia
corrixir os homes divertíndoos,
coidei que, na miña situación, o mellor era
atacar os vicios do meu tempo pintándoos ridiculamente."
vos esperamos este sábado 26 as nove da noite na casa de cultura do Milladoiro ¡¡non faltedes¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario