O MÉDICO A PAUS


O MÉDICO A PAUS de Molière estreouse na Casa da Cultura do Milladoiro o 26 de Maio do 2012. 
Ëxito de xente que encheu o local e de obra xa que nos obrigaron a sair ata catro veces a saudar. Sobre a obra e os que os fixemos o mellor e que vos poña as reseñas do programa de man e os cartéis da obra.


"Sendo un deber da comedia corrixir os homes divertíndoos,
coidei que, na miña situación, o mellor era atacar os vicios
do meu tempo pintándoos ridiculamente."
Molière



Jean Baptiste Poquelin (1.622-1.673), coñecido por Molière, é un dos maiores dramaturgos de todos os tempos.
Dotado dun escepcional talento teatral e dunha prodixiosa
capacidade de observación, a súa ironía e humanidade convírteno nun agudísimo crítico dos costumes e sociedade da súa época.
O seu teatro, cheo de arquetipos universais, xunto coa pureza e precisión do seu estilo, fan del un clásico de permanente vixencia.Tartufo, O Avarento, O Misántropo, O Burgués Fidalgo, A Escola de Mulleres... compoñen unha tea de innovación dramática "pintando ridiculamente os vicios" da súa sociedade, e por que non da nosa. Así, na comedia  O Médico a paus, a ollada perspicaz pon o foco na ciencia dos médicos, ao tempo que esboza un retrato das mulleres a cabalo entre a discriminación e maltrato físico, moral e social.





DIRECCIÓN E TRADUCIÓN: Mónica Camaño
DESEÑO DE LUZ: Zé Paredes
DESEÑO ESPAZO ESCÉNICO E VESTIARIO:
Mónica Camaño e Grupo Municipal de Teatro de Ames
Saias cedidas polo fondo do Concello de Ames
SOPORTE TÉCNICO: Kachet Loxística Espectacular, S.L.
COMEDIANTES:
SGANARELLO: Manel Pardo
MARTIÑA: Emilia Mayo
SR. ROBERTO, THIBAUT: Rosana González
VALERIA: Tati Duro
LUCAS: Pablo de Prado
XERONTA: Paz Romai
JACQELINE: Carmela Pardal
LUCINDA: Patricia Quintiá
LEANDRO: Pilara Gómez




No hay comentarios:

Publicar un comentario