domingo, 5 de diciembre de 2010

O principio

O grupo municipal de teatro de Ames naceu hai sete anos en forma de obradoiro de interpretación, ese foi o berce do actual grupo estable de teatro. O seu primeiro director foi Pablo Rodriguez con quen se puxeron en escea “caricias” do catalan Sergi Belbel e “Teatro mínimo” de Manuel Lourenzo; hai catro anos que se incorporou como directora Mónica Camaño coa que se estrenaron “Os desvaríos polo veraneo” de Goldoni e “Cal é Valentin?” unha adaptación da propia directora de textos do aleman Karl Valentin, unha obra, esta última, incluida nos actuais circuitos teatrais da deputación de A coruña. No pasado més de xuño estreabase “Nunca nada de ninguén” da autora portuguesa Luisa Costa Gomez no que ata o momento e a última montaxe do grupo. A obra foi representada novamente en Bertamiráns no pasado mes de novembro despois de ter levado o “Cal é Valentin” a Ribeira e As Pontes. En estas duas últimas montaxes os actores son: Sabela Aboal, Pilara Gómez, Rosana González, Maria Emilia Mayo, Manel Pardo, Pablo de Prado  e Paz Quistilans.
Tras este comezo de tempada o grupo recibiu duas novas actrices, Patricia e Tati, coas que se enfrenta xa a un novo traballo de cara a estrea en 2011. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario