martes, 24 de mayo de 2011

Un poquito de Ionesco

EUGÈNE IONESCO

Slatina, Romanía, 26 de Novembro de 1909 - París, 28 de Marzo de 1994

Fillo de nai francesa e pai romanés, ao ano de nacer é levado a París onde vivirá até os trece anos. De volta en Romanía estuda Letras e para despois dar aulas. Trasladarse a Francia en 1938, onde comeza a colaborar con revistas literarias.

Debuta como dramaturgo con A cantante calva no Téâtre des Noctambules en 1950 baixo a dirección de Georges Bataille (director co que seguirá a traballar, mesmo como actor). A estrea non tivo gran suceso entre o público; si entre intelectuais da época como Andre Breton, Luís Buñuel, Arturo Adamor ou Mircea Eliade, que xa vían en Ionesco o xenial e revolucionario dramaturgo que xunto con Samuel Becktt e Jean Tardieu, é considerado como o pai do teatro do absurdo. Nesta liña compre salientar, que era membro do Colexio de Patafísica xunto Boris Vian, Raymond Queneau, Jacques Prevdefinitivo sin fechasert, Marcel Duchamp e Michel Leiris, seguindo a clara pegada de Alfred Jarry.

Entre as moitas obras de teatro que nos deixou Eugène Ionesco podemos apuntar A lección, Jacques ou a submisión, O Porvir está nos ovos, todas elas de 1950, As cadeiras de 1952, Rinoceronte de 1959, O rei morre de 1962, ou Macbeth de 1972.

Recibiu entre outros recoñecementos, o Premio Nacional de Teatro, e entrou como membro da Academia Francesa o 22 de Xaneiro de 1970.

Alén da obra dramática, compre salientar o seu traballo en prosa ó longo de colaboracións con revistas literarias e a visión do mundo que aparece no seu Diario en migallas.

Migallas de E. Ionesco

“Se é absolutamente necesario que a arte e o teatro sirvan para algo, será para ensinarlle á xente que hai actividades que non serven para nada e que é indispensable que as haxa.”

“A arte é inútil, pero o home é incapaz de prescindir do inútil.”“O literato non é máis que aquel que di en voz alta o que os demais se din a si mesmos ou murmuran. ... Unha conciencia inútil e que non pode deixar de existir e que se manifesta, iso é a literatura.”

“As obras de arte son seres vivos. Quero dicir que as obras son realidades obxectivas vivas. ... O valor dunha obra está definido pola potencia e a duración do seu resplandor.”

“Temos o pasado detrás de nós, o porvir diante. Non se ve o porvir, vese o pasado. É curioso, porque non temos os ollos nas costas.”

“Ninguén é dono da multitude aínda que crea tela dominada.”

“Descobre un círculo, despois aloumíñao e converterase nun círculo vicioso.”

“Continúo, quizais continúe até a fin, escribindo literatura, obras de teatro, porque non sei facer outra cousa. Son incapaz de realizar calquera outro oficio. Desde que me coñezo, non fixen máis ca isto.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario